Archivo de la categoría: ACTIVIDADES

SUPER FESTA DE REMATE DE CURSO

Xa que o curso remataba e tíñamos que despedirnos, decidimos facer unha festa, onde os nenos e nenas fixeron unha tarta de chocolate e galletas que foi todo un éxito, fixemos sandwiches e sobretodo… COMIMOS MOITÍSIMO! Mais… vaiamos por orde,  Primeiramente … Seguir leyendo

Publicado en ACTIVIDADES, Sin categoría | Deja un comentario

CONCERTO DE VIOLÍN E CLARINETE

O pai e a nai de Laura Riobó, viñeron ata o cole para deleitarnos cun concerto xenial, onde escoitamos algunha melodía clásica, algunha banda sonora, música folk e incluso a canción de Pepa Pig! Quen dixo que a música instrumental … Seguir leyendo

Publicado en ACTIVIDADES, Sin categoría | Deja un comentario

DECORAMOS O PATIO CON XICES

Coa chegada do soliño, estábase xenial no patio do cole, así que decidimos decoralo coas nosas obras de arte!

Publicado en ACTIVIDADES, ARTE, Sin categoría | Deja un comentario

Visítanos unha palilleira

Con motivo do proxecto do centro “zapateiro aos teus zapatos”, sobre os oficios tradicionais, convidamos ao centro a unha palilleira, Rebeca, amiga da profe Uxía. Trouxo a súa almofada e a labor que tiña a medias e ensinounos como palillar … Seguir leyendo

Publicado en ACTIVIDADES, Sin categoría | Deja un comentario

Comezamos o xardín da aula!

Coa primavera e sobretodo agora que está a chegar Maio, o mes das flores, comezamos a nosa plantación particular. Empregando un semilleiro caseiro (cartón de ovos), un pouquiño de terra, as sementes e a regadeira … fixemos a plantación! Cando comecen … Seguir leyendo

Publicado en ACTIVIDADES, Sin categoría | 2 comentarios

A NOSA APORTACIÓN Á HORTA DO COLE

Os maiores do cole, están a coidar a horta, pero nós quixemos participar e encargarnos de plantar patacas, nin os nenos/as nin a profe sabíamos como debíamos facelo, polo que buscamos nun libro, para descubrilo. Así, o sacho nunha man … Seguir leyendo

Publicado en ACTIVIDADES, Sin categoría | Deja un comentario

BOLBORETAS E FLORES A PINCEL

Parece que coa chegada do bo tempo apetece pintar elementos primaverais, e nós non íamos a ser menos! Unha música relaxante de fondo, un ambiente de calma e tranquilidade entre os nenos/as, o material necesario, e… alá vamos! Non só pintan … Seguir leyendo

Publicado en ACTIVIDADES, Sin categoría | Deja un comentario

A VISITA DE IRIS!

A hirmá de Rpi e a súa nai, Iris e Verónica, visitaron a nosa aula para contarnos curiosidades da pequena da casa e compartir momentos con todos nós! Dentro de nada xa a temos tamén no cole 🙂 GRAZAS POLA … Seguir leyendo

Publicado en ACTIVIDADES, Sin categoría | Deja un comentario

Practicamos a psicomotricidade fina

Repartimos parafusos e puxemos as torcas no medio, cada quen foi probando ata atopar a correcta. Pasamos un ratiño diferente e divertido 🙂

Publicado en ACTIVIDADES, XERAL | Deja un comentario

Cociñamos magdalenas coas nais

As nais de Lucas, Inés e Diego, da clase do profe Rafa, ofrecéronse para facer con nós un taller de cociña, neste caso fixemos magdalenas! Os profes e as nais axudamos aos chefs, no seu traballo de misturar, amasar, engadir alimentos… Mais … Seguir leyendo

Publicado en ACTIVIDADES, Sin categoría | Deja un comentario