O contacontos da nai e pai de Izan

Estes pais acudiron a contarnos o conto favorito de Izan, “A cebra Camila”, é un conto precioso que lle encanta aos nosos alumnos/as.

Grazas por acompañarnos! 😉

Publicado en CONTACONTOS, Sin categoría | Deja un comentario

Visítanos a nai de Roi

A nai de Roi, acompañounos na sesión de contacontos dos mércores, trouxo un dos contos dos Bolechas, que lle gusta moito a Roi.

Coma sempre os nenos/as de infantil, disfrutaron moito con esta visita, como sempre, polo que vos animamos a continuar coas vosas visitas!

Grazas pola visita! 🙂

Publicado en CONTACONTOS, Sin categoría | Deja un comentario

Visítanos unha palilleira

Con motivo do proxecto do centro “zapateiro aos teus zapatos”, sobre os oficios tradicionais, convidamos ao centro a unha palilleira, Rebeca, amiga da profe Uxía.

Trouxo a súa almofada e a labor que tiña a medias e ensinounos como palillar así como un pouco de historia sobre este oficio tradicional galego.

Moitas grazas pola túa visita Rebeca! 🙂

Publicado en ACTIVIDADES, Sin categoría | Deja un comentario

A NOSA OBRA EN COMÚN

Para a elaboración deste cadro so acordamos as seguintes premisas:

  • Respectar as zonas onde están a traballar os compañeiros/as
  • Cada vez que empregamos unha cor, debíamos limpar os pinceis na auga e secalos, para que as cores non se misturasen.
  • Cando o tempo de traballo rematase, debíamos deixar todo limpo e recollido.

Cumpliron as súas propias normas á perfección. 🙂

 

Manchurramos moito … pero pasámolo xenial! 🙂

Publicado en ARTE, Sin categoría | 1 Comentario

“EL ALMEDRO” DE VICENT VAN GOHG

Deixovos outra das obras que creamos coa chegada da primavera, “el almendro”

Tras misturar diferentes cores (marrón, gris e branco) acadamos a cor para as ramas e para facer as flores usamos as nosas pegadas dactilares, como non tíñamos a cor rosa, misturamos vermello e branco e… xa tíñamos o rosa!!

 

Outra obra de arte para o noso sorteo de final de curso! 🙂

Publicado en ARTE, Sin categoría | Deja un comentario

ANIVERSARIO DE XOEL

Outro dos nenos da clase xa ten 4 anos!

PARABÉNS XOEL!

Os seus pais viñeron a contarnos un conto, vimos moitas fotos e Xoel explicounos o que acontecía nelas e por suposto o venres foi o rei da nosa clase! 🙂

Publicado en CUMPLEANOS, Sin categoría | Deja un comentario

Comezamos o xardín da aula!

Coa primavera e sobretodo agora que está a chegar Maio, o mes das flores, comezamos a nosa plantación particular.

Empregando un semilleiro caseiro (cartón de ovos), un pouquiño de terra, as sementes e a regadeira … fixemos a plantación!

Cando comecen a crecer, trasplantaremos a macetas máis grandes para poder levar para as casas e seguir o seu coidado coas familias! 😉

 

Publicado en ACTIVIDADES, Sin categoría | 2 comentarios