SORTEÁMOLOS NOSOS CADROS

Despois de traballar tanto a arte, decidimos levar cada un de nós un recordo para as nosas casas, así convidamos ás familias 10 minutiños antes de rematar a clase, para facer o sorteo. Estas foron as obras en cuestión:

 

PRECIOSAS! 🙂

Publicado en ARTE, Sin categoría | Deja un comentario

SUPER FESTA DE REMATE DE CURSO

Xa que o curso remataba e tíñamos que despedirnos, decidimos facer unha festa, onde os nenos e nenas fixeron unha tarta de chocolate e galletas que foi todo un éxito, fixemos sandwiches e sobretodo… COMIMOS MOITÍSIMO!

Mais… vaiamos por orde,  Primeiramente vimos, tocamos e ulimos os materiais que levou a profe, e comezamos a pensar como poderíamos facela tarta, moitos xa tiñan experiencia na repostería!

Cortar a tableta de chocolate foi algo complicado… estaba moi dura!

 

Despois untamos o bol con mantequilla e misturamos o chocolate con leite e a levamos ata a sala de mestres, para derretilo no microondas!

 

o seguinte paso foi montar as diferentes capas, chocolote, galletas, nata… todo baixo n calorías, pero… un día é un día! 😉

 

Olvidábaseme, mencionar as normas, sonar mocos, lavar mans a cada ratiño e… NON COMER NADA ANTES DE REMATAR A TARTA!

Pero esta última norma… era moi dificil de conseguir 🙂

Alguén probou o chocolate antes de tempo? eu non,ue tampouco… mirade que cariñas de inocentes jajja

Así quedou a nosa tarta, comímola toda todiña!

IMG_20160617_102614

Despois do recreo comezou a festa!

Invitamos aos alumnos e alumnas do profe Rafa para que comesen e bailasen con nós!

 

Pasámolo bárbaro!

Publicado en ACTIVIDADES, Sin categoría | Deja un comentario

ANIVERSARIO LAURA RUIZ

O último cumpleanos que festexamos este ano foi o de Laura Ruiz, que xa ten 4 anos!

O pai e a nai, viñeron e contaron un dos contos favoritos de Laura, tiña diferentes sons, e moitas historias pequeniñas!

 

Escoitamos a súa música favorita, que tiña moito ritmo e vimos as fotos de cando era pequeniña!

O venres foi a protagonista, puxémoslle a coroa de raíña, cantámoslle o cumpleanos feliz e démoslle os nosos agasallos!

IMG_20160617_132235IMG_20160617_132249

PARABENS LAURA! 🙂

Publicado en CUMPLEANOS, Sin categoría | Deja un comentario

CONCERTO DE VIOLÍN E CLARINETE

O pai e a nai de Laura Riobó, viñeron ata o cole para deleitarnos cun concerto xenial, onde escoitamos algunha melodía clásica, algunha banda sonora, música folk e incluso a canción de Pepa Pig!

Quen dixo que a música instrumental era aburrida?

Moitísimas gracias pola visita! 😉

Publicado en ACTIVIDADES, Sin categoría | Deja un comentario

DECORAMOS O PATIO CON XICES

Coa chegada do soliño, estábase xenial no patio do cole, así que decidimos decoralo coas nosas obras de arte!

Publicado en ACTIVIDADES, ARTE, Sin categoría | Deja un comentario

Os vermes de seda

A comezos do mes de Abril, comezaron a nacer na clase da profe Ana, uns vermiños de seda, eran negros do tamaño dunha pestana, mais co paso das semanas e tras comer moitísimas follas de moreira… convertéronse nuns vermes grandes e gordos.

Nesta semana comezaron a facer os casulos, nos que permanecerán entorno a dúas semanas, ata que salgan transformados nunha bolboreta.

Para que disfrutedes desta experiencia con nós, cada día os vermiños viaxarán ás vosas casas, espero que vos guste esta actividade 😉

IMG_20160525_093416IMG_20160525_093653IMG_20160525_094017IMG_20160525_112456IMG_20160525_112656

Ampliarei esta entrada segundo avance o proceso da metaforfose! 🙂

 

Publicado en MASCOTAS, Sin categoría | Deja un comentario

Excursión a «O Ventoso»

A excursión xestionada pola ANPA do centro, foi ao centro de turismo ecuestre O Ventoso, en Laracha, os que fomos, puidemos disfrutar de diferentes actividades:

  • Visita á horta
  • Taller con plantas aromáticas
  • Elaboración de bolos de pan
  • Cepillar a un potro
  • Montar en potro
  • Visita aos diferentes animais: pavos reais, ocas, galiñas, coellos, cabras, ovellas …

Ahí van as fotos dos nenos/as da aula 🙂

IMG_20160524_110942IMG_20160524_112114IMG_20160524_123116IMG_20160524_123616IMG_20160524_125313IMG_20160524_125635IMG_20160524_131658IMG_20160524_131713IMG_20160524_131803IMG_20160524_131818IMG_20160524_131839IMG_20160524_132125IMG_20160524_133703IMG_20160524_135650IMG_20160524_140412IMG_20160524_140718IMG_20160524_140912IMG_20160524_141134IMG_20160524_141401IMG_20160524_141433IMG_20160524_141630IMG_20160524_155718IMG_20160524_155809IMG_20160524_155957IMG_20160524_160234IMG_20160524_160433IMG_20160524_160715IMG_20160524_162031IMG_20160524_162011

Ademais disfrutamos dunha merendiña a media mañá cargadiña de froitas: laranxas, plátanos e mazás.

 

Tamén duns xogos ao aire libre

 

De un tempiño para a comida…

IMG_20160524_143339

 

e… despois de tanto disfrute … acabaron rendidiños de volta no autobús. 😀

IMG_20160524_181245IMG_20160524_181239

Publicado en saídas, Sin categoría | Deja un comentario

O contacontos da nai e pai de Izan

Estes pais acudiron a contarnos o conto favorito de Izan, «A cebra Camila», é un conto precioso que lle encanta aos nosos alumnos/as.

Grazas por acompañarnos! 😉

Publicado en CONTACONTOS, Sin categoría | Deja un comentario

Visítanos a nai de Roi

A nai de Roi, acompañounos na sesión de contacontos dos mércores, trouxo un dos contos dos Bolechas, que lle gusta moito a Roi.

Coma sempre os nenos/as de infantil, disfrutaron moito con esta visita, como sempre, polo que vos animamos a continuar coas vosas visitas!

Grazas pola visita! 🙂

Publicado en CONTACONTOS, Sin categoría | Deja un comentario

Visítanos unha palilleira

Con motivo do proxecto do centro «zapateiro aos teus zapatos», sobre os oficios tradicionais, convidamos ao centro a unha palilleira, Rebeca, amiga da profe Uxía.

Trouxo a súa almofada e a labor que tiña a medias e ensinounos como palillar así como un pouco de historia sobre este oficio tradicional galego.

Moitas grazas pola túa visita Rebeca! 🙂

Publicado en ACTIVIDADES, Sin categoría | Deja un comentario